Mai 20
A Liga Reumatolóxica Galega participa no FESTIVAL ARTÍSTICO Paralelo 43º 21´45″ que ata o 29 de Maio se está a celebrar no Barrio Agra do Orzán-Conchiñas.
TALLER DE TEATRO TERAPIA:Sábado 22 de Maio 18:00 h-R/Andrés Gaos nº 16 Baixo.(sede de Manicómicos).
Imparte: Victoria Teijeiro.
Prazas limitadas por orden de chegada.
Exposición-Concertos-Teatro-Vídeo-Proxeccións-Fotografía-Pintura e moito máis se pode disfrutar dentro do Festival.
Ver Programa e Cartace en www.arteu.es
Abr 09
O vindeiro mercores 14 de abril , entre as 17.00 e 18.30 horas , terá lugar un coloquio informativo sobre o programa deportivo “Bule con Alcer” dirixido a persoas con doenzas crónicas.Contaremos coa presenza da Traballadora Social e a Coordinadora de Alcer Coruña que nos ofrecerán a posibilidad de participar neste programa.O coloquio terá luigar na Sala de Xuntas da 4ª planta do edificio de Caixanova, sito en Avda. da Marina s/n, esquina Rúa Fama, na Coruña. O aforo é limitado polo que prégase confirmar asistencia no teléfono da Liga 981236586, no horario habitual da oficina.
Abr 09
A proposta de actividades para este ano querémola centrar en aspectos positivos –humor, creatividade, imaxinación- que contribúen a mellorar o benestar das persoas.
Comezamos en abril por un obradoiro de Musicoterapia, xoves 8 e 15 en horario de 17.30 a 19.00, no Centro Cívico do Castrillón que está na Praza de Pablo Iglesias.Os xoves 22 e 29 terá lugar un obradoiro de Memoria, no mesmo horario de 17.30 a 19.00 , e no mesmo lugar.Para mais información chamade o teléfono da Liga , 981 236586 no horario habitual da oficina.
Mar 17
§ O vindeiro 23 de marzo terá lugar no auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia unha tertulia sobre a Fisioterapia na Reumatoloxía, na que contamos coa colaboración do profesor Jose Luis Aristín e a doutora Isabel Yañez, da Escola Universitaria da Coruña. Os ponentes estarán encantados de aclarar tódalas dudas que se plantexen acerca do concepto da fisioterapia, a relación da mesma coas enfermidades reumáticas e os seus métodos e técnicas de actuación.
Data e horario: martes 23 de marzo de 17.00 a 19.00 horas. Lugar de celebración: Sede da Fundación Caixa Galicia, Cantón Grande, 21-24. É preciso confirmar asistencia no tfno 981 23 65 86 entre as 8.00 e as 15.00 horas de luns a venres, ou no enderezo info@ligagalega.org , xa que o aforo é limitado.
Nov 25
Día: Sábado 28 de Novembro 2009.
Hora: 18:00 h.
Lugar: Indigo Tai Chi - Escuela de Artes Marciales, Relajación y Salud. www.indigotaichi.com
Dirección: C/Inés de Castro nº 9 Baixo - (Frente a Mercado de Sta, Lucía) - A Coruña.
Nesta charla informativa, aberta a todo o público, farase unha presentación sobre a aplicación da Terapia Shiatsu nalgunhas doenzas reumáticas a cargo de Lidia Fluxá, Diplomada en Medicina Tradicional China,Terapia Floral e Ioga.
Estará presente tamén o Dr, Fulvio Palombini,médico Italiano especializado en Reumatoloxía con máis de 30 anos de experiencia na aplicación da Terapia Shiatsu.
PARTICIPA !!!.
Mai 08
triptico-milla-word-definitivo.doc
O vindeiro 24 de maio, a partir das 12:00 horas, se celebrará nos Cantóns de A Coruña a II MILLA POPULAR, QUEN DIXO REUMA???
Esta carreira ten como obxectivo dar a coñecer á sociedade a problemática das doenzas reumáticas, e pode participar calquera persoa de calquera idade e condición física, estea federada ou non.
Nos gustaría moito contar coa vosa COLABORACIÓN , de dous xeitos:
- Inscribíndovos na carreira como PARTICIPANTES, no tríptico adxunto. E convencendo aos vosos familiares, amigos e coñecidos para que se apunten.
- Como VOLUNTARIOS DE ORGANIZACIÓN, poñéndovos en contacto con nós no 981236586, ou no mail info@ligagalega.org. Necesitamos axuda para distribuir trípticos e carteis, e para a organización da actividade o mesmo día 24 de maio (tirar fotografías, distribuir o material, localizar aos gañadores, etc.).
Na semana do 11 ao 18 de maio veredes a publicidade desta actividade da Liga Reumatolóxica Galega nos autobuses urbanos de A Coruña.
¡CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DE TODOS VOS!
Dec 09
O vindeiro sábado 13 de decembro, ás 12:00 horas, celebraremos na Delegación de A Coruña un encontro de nais e pais de nenos con doenzas reumáticas. No encontro falaremos da planificación para o ano 2009. A entrada será libre para todas as persoas interesadas. Para máis información poden contactar con nós no teléfono 981236586.

Vos animamos a seguir enviando debuxos, gracias ao noso primeiro pequeno colaborador pola sua inestimable axuda.
Out 23
O día 30 de Outubro ás 19:00 se impartiu no Auditorio Municipal de Vilagarcía unha Charla- Coloquio impartida polo Dr. Juan Cruz, Xefe do Servicio de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra. A temática da charla-coloquio era “Novidades terapéuticas aplicadas ás doenzas reumáticas”, e ao acto asistiron unhas 100 persoas. Distribuiuse información sobre as doenzas reumáticas e as actividades que desenvolve a Liga Reumatolóxica no ámbito territorial galego.
Mai 22
GRACIAS…¡¡¡.
A Xunta Directiva da Liga Reumatolóxica Galega quere agradecer a tódalas institucións,entidades,empresas e amigos ,que coa confianza depositada e a aportación feita , fixeron posible que a 1ª Milla Popular -Quen dixo “Reuma”??? ,fose unha realidade que todos poidemos disfrutar.
Do mesmo xeito,queremos agradecer a todos os atletas e persoas que participaron e se inscribiron nesta proba.
A TOD@S….GRACIASS ¡¡¡. Vémonos na 2ª MILLA POPULAR - QUEN DIXO “REUMA”???. Listado de Clasificación.

Comentarios recentes