A Coruña, 20 de outubro de 2008
Queridos amigos, ¿Cómo estades?
Quero agradecervos no meu nome e no da xunta directiva a vosa confianza e apoio para seguir traballando con unha grande ilusión polo espallamento da Liga na nosa terra, e para que todos os enfermos afectados de doenzas reumáticas encontredes unha referencia de amizade e de resposta ás vosas preocupacións:
Temos boas novas:
1. O día 13 do mes actual comezaron o traballo na sede duas novas profesionais: VANESA, psicóloga, e ANA, traballadora social. Axiña recibiredes programación das actividades que van a levarse a cabo este ano.
2. Abriuse a primeira Delegación da Liga en Vilagarcía. ¡Noraboa e parabéns para os amigos e a xente de toda Arousa!
3. No pasado mes de maio tivemos a primeira xuntanza cos pais e nenos afectados por doenzas reumáticas. O Dr. Jenaro Graña fixo de enlace cos pais, xa que a Liga non tiña os enderezos. É un obxectivo preferente presentar un dossier na Consellería de Sanidade e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e reivindicar ese Servicio de Reumatoloxía Pediátrica.
Como vedes, paseniño, imos tecendo unha rede para mellorar a calidade de vida dos enfermos reumáticos.
¡TODOS SOMOS NECESARIOS, e contamos con todos e cada un de vós!
Unha aperta
Rosa Capeáns

Comentarios recentes