Xan 28

O 20 de febreiro ás 14:30 celebraremos unha LACONADA para os socios no restaurante La Tacita de Oro.

O prezo é de 15 euros (16 euros si queredes tamén orellas).

É fundamental que vos inscribades para esta actividade como moi tarde o xoves 12 de febreiro, porque necesitamos ter un número aproximado de asistentes para comunicarllo ao restaurante. Chamádenos ao 981236586, ou enviádenos un E-mail co voso interés e a vosa preferencia (con ou sin orellas) para confirmar a vosa asistencia.

 Esperamos poder contar con todos vós!

                                                                                                                               cerdo-full.jpg     

Xan 28

O vindeiro Martes 17 de Febreiro ás 17:00 horas no local da nosa sede na Coruña terá lugar un CAFÉ-TERTULIA no que dous dos nosos socios compartirán con nós a súa experiencia e relatarán os beneficios acadados na mellora da sua calidade de vida gracias a certos hábitos saludables.

Contamos coa vosa participación.

 As prazas se asignarán por orde de inscrición!!!!

Xan 16

Como xa anunciamos, o pasado Domingo 4 de Xaneiro no Centro Comercial “Dolce Vita” e o Sábado 10 no Centro Comercial “El Puerto Centro de Ocio” tiveron lugar os actos de celebración da recollida de firmas para a promoción da creación dun Servizo de Reumatoloxía Pediátrica na nosa Comunidade.

O volume de firmas que se conseguiu durantes esas datas ascende a máis de 2000. Gustaríanos dar as gracias a todas as persoas que nos estiveron apoiando e en especial os socios voluntarios que nos acompañaron nos Centros Comercias, desplazándose incluso algúns ata A Coruña xa que residen fora da nosa cidade.

Esta campaña non se pecha con estes dous actos, senón que todavía as persoas que estén interesadas poden solicitarnos follas para continuar coa recollida.