A Coruña, 20 de outubro de 2008
Queridos amigos, ¿Cómo estades?
Quero agradecervos no meu nome e no da xunta directiva a vosa confianza e apoio para seguir traballando con unha grande ilusión polo espallamento da Liga na nosa terra, e para que todos os enfermos afectados de doenzas reumáticas encontredes unha referencia de amizade e de resposta ás vosas preocupacións:
Temos boas novas:
1. O día 13 do mes actual comezaron o traballo na sede duas novas profesionais: VANESA, psicóloga, e ANA, traballadora social. Axiña recibiredes programación das actividades que van a levarse a cabo este ano.
2. Abriuse a primeira Delegación da Liga en Vilagarcía. ¡Noraboa e parabéns para os amigos e a xente de toda Arousa!
3. No pasado mes de maio tivemos a primeira xuntanza cos pais e nenos afectados por doenzas reumáticas. O Dr. Jenaro Graña fixo de enlace cos pais, xa que a Liga non tiña os enderezos. É un obxectivo preferente presentar un dossier na Consellería de Sanidade e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e reivindicar ese Servicio de Reumatoloxía Pediátrica.
Como vedes, paseniño, imos tecendo unha rede para mellorar a calidade de vida dos enfermos reumáticos.
¡TODOS SOMOS NECESARIOS, e contamos con todos e cada un de vós!
Unha aperta
Rosa Capeáns

Decembro 7th, 2007 at 5:58 am
Estoy seguro de que esta página va ser un impulso para toda la Liga. Os deseo todo lo mejor y que sigais ayudando como hasta ahora.
Muchas gracias por todo.
Decembro 10th, 2007 at 11:15 pm
Dende Barcelona deséxovos que sigades adiante e que esta páxina cun deseño máis atractivo que o anterior pronto estea chea de contidos con información das diferentes doenzas reumáticas e con contidos e propostas dinámicas da actualidade local pero sen perder de vista o que se está facendo a outros niveis (das comunidades autónomas, estatal, europeo…).
Agora que estes días o Concello da Coruña acaba de presentar o I Plan Municipal Integral de Accesibilidade (PMIA) diante da comisión de Accesibilidade, creo que pode ser unha boa oportunidade para que a liga tamén participe porque ten moito que decir al respecto, empezando polo propio Concello que non ten nin prazas reservadas ó lado do edificio onde se teñen que facer as xestións, alí en María Pita.
O dito, a noraboa e a seguir adiante.
Decembro 11th, 2007 at 2:16 am
Gracias Miriam..,o teu é dito e feito.Así da gusto.
Noraboa Fermincho ¡¡¡. Estás facendo un bo traballo e isto pinta moi ben.
Agora toca porse as pilas e encher esta páxina de contidos interesantes, realistas e positivos.Ogallá sexa unha web de referencia que os nosos amigos, os Médicos Reumatologos, poidan receitar.
Moita saúde e poucas dores para o vindeiro 2008.
ramon@ligagalega.org
Febreiro 9th, 2009 at 2:03 pm
Hola a todos .Soy una abuela,que Papa Noel me regalo un ordenador y estoy haciendo mis primeros pinitos .Soy una socia de la liga desde hace varios años ,lo que pasa que la distancia no me permite poder asirtir a los eventos que haceis .Rosa tengo ganas de verte ,haber si coincidimos en Villagarcia .Un beso para todos