Como xa anunciamos, o pasado Domingo 4 de Xaneiro no Centro Comercial “Dolce Vita” e o Sábado 10 no Centro Comercial “El Puerto Centro de Ocio” tiveron lugar os actos de celebración da recollida de firmas para a promoción da creación dun Servizo de Reumatoloxía Pediátrica na nosa Comunidade.
O volume de firmas que se conseguiu durantes esas datas ascende a máis de 2000. Gustaríanos dar as gracias a todas as persoas que nos estiveron apoiando e en especial os socios voluntarios que nos acompañaron nos Centros Comercias, desplazándose incluso algúns ata A Coruña xa que residen fora da nosa cidade.
Esta campaña non se pecha con estes dous actos, senón que todavía as persoas que estén interesadas poden solicitarnos follas para continuar coa recollida.

Marzo 5th, 2009 at 2:17 pm
Hola son unha rapaza de fene,e estou moi interesada en firmar para apoiarvos,tanto eu coma a miña familia,onde o podo facer?
Marzo 5th, 2009 at 2:59 pm
Hola. Logo de ver o informativo do serán súmome a todos aqueles que desexan apoiar a vosa causa. Por iso gustaríame saber onde podo firmar para darvos o meu apoio, si podo facelo mediante algunha páxina web ou ben por aquí por Ferrol ou arredores.
Grazas pola labor que estades facendo.
Un saúdo.
Marzo 5th, 2009 at 10:32 pm
Hola, teño un neno de 4 años con esta enfermidade , como teño que facer para firmar?
Un saludo , gracias polo voso traballo
Marzo 5th, 2009 at 11:09 pm
Hola, teño unha filla con ARX, gustariame moito conseguir sinaturas, pero vivo
en Foz, sería posible?
Saudos e que teñades moito exito.
Marzo 9th, 2009 at 11:29 am
Bó día a todos:
Moitas gracias polo voso apoio e colaboración. Aquelas persoas interesadas en firmar só tendes que pedirnos follas de firmas a través do correo info@ligagalega.org.
Vos reitero o agradecemento da Liga Reumatolóxica Galega. Sin a vosa axuda esta labor non sería posible.
Unha aperta
Marzo 10th, 2009 at 10:04 pm
soy la madre de un niño de 5 años de ferrol con esa emfermedad me gustaria mucho recibir las hojas para reunir mas firmas.