Mai 08
triptico-milla-word-definitivo.doc
O vindeiro 24 de maio, a partir das 12:00 horas, se celebrará nos Cantóns de A Coruña a II MILLA POPULAR, QUEN DIXO REUMA???
Esta carreira ten como obxectivo dar a coñecer á sociedade a problemática das doenzas reumáticas, e pode participar calquera persoa de calquera idade e condición física, estea federada ou non.
Nos gustaría moito contar coa vosa COLABORACIÓN , de dous xeitos:
- Inscribíndovos na carreira como PARTICIPANTES, no tríptico adxunto. E convencendo aos vosos familiares, amigos e coñecidos para que se apunten.
- Como VOLUNTARIOS DE ORGANIZACIÓN, poñéndovos en contacto con nós no 981236586, ou no mail info@ligagalega.org. Necesitamos axuda para distribuir trípticos e carteis, e para a organización da actividade o mesmo día 24 de maio (tirar fotografías, distribuir o material, localizar aos gañadores, etc.).
Na semana do 11 ao 18 de maio veredes a publicidade desta actividade da Liga Reumatolóxica Galega nos autobuses urbanos de A Coruña.
¡CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DE TODOS VOS!

Comentarios recentes