EQUIPO TÉCNICO DA LIGA


A Coruña, 14/10/09
Estimados/as socios/as:

Somos Begoña e Ana, poñémonos en contacto con vos para presentarmos como o novo equipo técnico da Liga Reumatolóxica Galega.

E como novo equipo queremos recolle-lo esforzo e o traballo que vindes desenvolvendo ó longo de todos estes anos, que nos sirve como motivación para emprender esta nova etapa.

A nosa intervención, na súa totalidade quere ir orientada ó establecemento dunha relación de apoyo psicosocial e persoal, teimando por potenciar os recursos internos e externos que nos ofrece a comunidade, e cada un de vos dentro do obxectivo global da Liga Reumatolóxica, que é o de mellorar a calidade de vida dos pacientes reumáticos.

Esperamos compartir entre todos as ilusións e inquedanzas que surdirán nesta nova andaina. Contamos pola nosa banda, coa colaboración e participación de todos, nos proxectos que levemos a cabo.

E lembra ¿quen dixo “reuma”?

Unha forte aperta

Begoña, psicóloga

Ana, traballadora social