Actividades
A Liga Reumatolóxica Galega é unha entidade creada coa finalidade de ofrecer soporte, información e asesoramento ás persoas afectadas por unha enfermidade reumática e aos seus familiares; apoiar a investigación en torno a este tipo de enfermidades e sensibilizar á sociedade e ás distintas administracións; todo isto co obxecto de mellorar a calidade de vida das persoas con afeccións reumáticas.É por isto que a Liga traballa en torno aos seguintes eixos:
- Facilitar espazos de información clara e comprensible sobre as enfermidades reumáticas e sobre aqueles ámbitos afectados por estas.
- Prestar servizos de orientación, asesoramento e terapia ás persoas afectadas por enfermidades reumáticas e aos seus familiares.
- Concienciar á sociedade e á opinión pública sobre a importancia dos reumatismos. Xa vimos antes que existen falsos mitos en torno a este tipo de enfermidades. A importancia do diagnóstico precoz fai necesario difundir unha información actual sobre as consecuencias individuais e sociais dos reumatismos.
- A Liga Reumatolóxica Galega representa ás persoas con doenzas reumáticas ante a Administración e Institucións. Aporta propostas, reivindicacións e alternativas para mellorar a atención sociosanitaria.
- Colaborar con outros profesionais de diferentes ámbitos na busca de intervencións que melloren a calidade de vida das persoas con afeccións reumáticas.
Actividades periódicas:
- Obradoiros. Para ofrecer aos nosos socios actividades de lecer que contribúan a mellorar a súa calidade de vida, a Liga ofrece diferentes obradoiros, algúns deles son: clases de ximnasia rehabilitadora, obradoiro de relaxación, obradoiro de autoestima,…
- Charlas, conferencias, cafés-tertulias. Actividades que se ofrecen ás persoas interesadas para que poidan ter información de primeira man relacionada con temas médicos, psicolóxicos e sociais.
- Xornadas de convivencia. Co obxectivo de establecer lazos entre os socios da Liga Reumatolóxica Galega e aprender da experiencia doutras persoas con doenzas reumáticas e dos seus familiares, a Liga organiza xuntanzas e encontros nun ambiente lúdico e informal.
- Campañas de sensibilización. Estas actividades realízanse co fin de manter informada á opinión pública e concienciar á sociedade e ás administracións da importancia dos reumatismos.
(Puedes seguir todas las actividades que se han realizado o se van a realizar en la categoría de actividades)
Servizos:
- Apoio individual e familiar.
- Terapia psicolóxica.
- Apoio social
- Información sobre trámites, axudas, recursos e prestacións.
PRESTACIÓNS E RECURSOS AOS QUE PODES TER ACCESO
Existen unha serie de prestacións económicas, recursos e servizos aos que podes ter acceso en función do tipo de enfermidade que padezas e da situación socioeconómica na que te atopes.
Está é unha lista dos recursos máis frecuentes, aínda que para coñecer se tes dereito a eles é mellor que te poñas en contacto coa traballadora social da asociación, que estudará a túa situación e te orientará cos trámites que teñas que realizar.
Solicitude do recoñecemento de minusvalía.
O feito de ter recoñecido o grao de minusvalía e, en función da súa porcentaxe, podes ter dereito a unha serie de beneficios fiscais e a outro tipo de axudas (exención do imposto de circulación, deducións fiscais, tarxeta de estacionamento,…)
- Pensión non contributiva.
- Pensións de invalidez da Seguridade Social.
- Prestación familiar por fillo a cargo minusválido.
- Prestacións económicas para adaptación funcional do fogar e para a adquisición de axudas técnicas.
- Servizo de teleasistencia domiciliaria.
- Servizo de axuda no fogar.
- Servizo de transporte adaptado.
- Estancias en balnearios a través dos Programas de Termalismo Social de Xunta e IMSERSO.

Comentarios recentes