Axudas

En esta páxina se recollen as axudas vixentes na actualidade. Para máis información, podedes poñervos en contacto con nós na Delegación de A Coruña,  no teléfono 981236586, ou enviando un correo electrónico.

SESIÓNS DE FISIOTERAPIA

A Clínica de Fisioterapia Soñeiro, situada en A Coruña, oferce para os socios da Liga ata o 31 de Decembro, sesións de Fisioterapia de unha hora de duración cun coste de 15€ por sesión. Na oferta vai incluida unha valoración e a primeira sesión gratuita. O horario será a convenir co persoal da clínica.

Se estás interesado/a en acudir chámanos e te informamos de todo.

XIMNASIA DE MANTENIMIENTO E RELAXACIÓN

A Asociación GRUMICO de A Coruña oferta esta actividade para os socios da Liga dende o mes de Marzo ata Xuño sesións de ximnasia e relaxación cun coste de 10€ ó mes. Estas sesións serían 2 días a elixir de luns a xoves en horario de 12:30 a 13:30. Se hai posibilidade de xuntar un grupo propio numeroso de xente da Liga, poderíase cambiar o horario. Se estás interesado/a en acudir ou queres ter máis información chámanos por teléfono ou envíanos un correo e te informaremos de todo.

        “ESFUERZA” ACTIVIDADE FÍSICA ADAPTADA A Fundación María José Jove ten previsto desenvolver una serie de actividades adaptadas durante o verán. Co propósito de adiantarnos á próxima convocatoria, poñemos á vosa disposición a información correspondente. As persoas interesadas podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 981236586; iremos facendo unha lista e presentaremos a solicitude no primeiro día do prazo para asegurar a participación de todas e todos.

 triptico-esfuerza-2009.pdf

Programa de Termalismo Social 2009

Se iniciou o prazo de presentación de solicitudes para o programa de Termalismo Social para a temporada 2009. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante unha boa parte do ano, se ben se contemplan dous prazos específicos:

  • Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto, ambos inclusive:

       -  Con prioridade na adxudicación de praza ata o 16 xaneiro

        - Para a súa inclusión no orde que corresponda, na Lista de Agarda de Prazas: ata o 16 de maio de 2009.

  • Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive:

        - Con prioridade na adxudicación de praza ata o 16 de maio

        - Para a súa inclusión no orde que corresponda, na Lista de Agarda de Prazas: ata o 31 de outubro de 2009.

Máis información na páxina web http://www.seg-social.es/imserso/envejecimiento/may_te2009.html#requisitos

Esta páxina ofrece información, entre outros extremos, sobre requisitos, servicios ofrecidos estancias e tratamentos, valoración das solicitudes, balnearios participantes e formularios de solicitude.

Asimesmo hai a disposición dos interesados dous teléfonos de información:

  • 901 109 899, en horario de luns a xoves de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 e os venres de 9.00 a 14.00.
  • 900 406 080 en horario de luns a venres de 9.00 a 21.00 e os sábados de 9.00 a 14.00

Axudas transporte en Taxi A Coruña

 

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas económicas individuais a persoas con discapacidade e/ou dependentes gravemente afectados na sua movilidade. A finalidade destas axudas é a de ofrecer un servicio de desprazamento en taxi para persoas con discapacidade e/ou dependentes que teñan recoñecida unha minusvalía que afecte gravemente á movilidade, impedindo utilizar os transportes públicos colectivos.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 12 de Xaneiro de 2009.

 

Requisitos dos solicitantes:

  1. Ser maior de 4 anos

  2. Estar empadroado no Municipio de A coruña

  3. Ter recoñecida a condición  a condición legal de minusválido e que afecte gravemente á movilidade, impedindo utilizar os transportes públicos. 

  4. Para os traballadores, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo de dito beneficio, o non ter dereito a este servicio a través de ISFAS, MUFACE  ou outra entidade.

  5. Non constar como titular de vehículo.

  6. Non dispoñer de ingresos superiores ó 180% do IPREM vixente (11.165,04 € anuais).

 Teranse en conta os ingresos do solicitante. Si él ou ela carece de ingresos valoraránse os ingresos das persoas das que dependa económicamente cóxuxe, fillos, tutores ou gardadores de feito). Neste caso calculares a renta per cápita.

No caso de que a persoa solicitante tivese cónxuxe ou parella de feito, entenderáse como renta persoal a metade da suma dos ingresos de ambos menbros da parella.

Cando o/a solicitante tivese o seu cargo a ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores desta idade pero en situación de dependencia, a sua capacidade económica determinarase dividindo a sua renta e patrimonio entre o número persoas que dependan económicamente do solocitante.

A renta calcularase en base ós ingresos netos que perciba, que comprenderán os rendementos do traballo, os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario, os rendementos de acitividades económicas e as ganacias e pérdidas patrimoniais.

 

A Documentación a presentar é a seguinte:

  1. Solicitude debidamente cumprimentada.

  2. Fotocopia do DNI do solicitante

  3. Certificado do grado de minusvalía no que conste que este afecta gravemente á movilidade impedindo utilizar os transportes públicos colectivos

  4. Declaración de ingresos do solicitante, do seu cónxuxe ou proxenitores no caso de que dependa económicamente de estos. A declaración de ingresos se realizará mediante: 

              - Certificado de pensión ou prestación

              - Fotocopia da derradeira declaración da renta ou  autorización o Concello de A Coruña para consultar os datos tributarios das persoas interesadas que obran en poder da Axencia Tributaria (según modelo).

              - No caso dos traballadores, declaración xurada de non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo de dito beneficio, ou a través de ISFAS, MUFACE ou outras entidades.

             - Certificado expedido pola Dirección Xeral de Tráfico, dependente do Ministerio do Interior, acreditativo de que o solicitante non figura como titular de vehículo algún.

            - Declaración do solicitante de non estar incurso en suposto de prohibición para ser beneficiario de subvencións.

            - Declaración do suxeto de inexistencia de débedas tributarias coa AEAT e o Concello, así como a Seguridade Social.

 

Toda a información dispoñible en:

http://www.dicoruna.es/bop/2008/12/12/08-15075-0.htm

 

Tarxeta Dourada de Renfe

Se tes unha discapacidade igual ou superior ao 65%, independentemente da tua idade, podes obter a Tarxeta Dourada de Renfe con validez anual e que ofrece descontos entre o 25 e 40 % en función do tren elexido e do día da semán en que realices a tua viaxe. Igualemnte poderás obter a tarxeta dourada con acompañante, se así se solicita, que permite viaxar a un acompañante disfrutando das mesmas condicións de desconto que o viaxeiro ó que acompaña.

Máis información en http://www.renfe.es/gsf/pdf/guia150908.pdfou chamando ó teléfono 902 240505 (Servicio de Axuda a Viaxeiros con Discapacidade)

Servicio de Mensaxería Gratuito MRW

MRW ofrece un servicio de mensaxería gratuito ás persoas con certificado de minusvalía que se chama plan2000, polo que calquera persoa con algunha discapacidade dispón dun servizo gratuito ao mes, tanto como destinatario ou receptor, sempre que presente o seu Certificado de Discapacidade. Dende e ata calquera lugar de Andorra, España, Gibraltar ou Portugal.

Para máis información: http://www.mrw.es/es/as/