Nov 15

A Liga Reumatolóxica Galega quere agradecer a todas as institucións, entidades e persoas ,que fixeron posible a celebración da Iª Gala Benéfica de Teatro.

Por toda a implicación altruista, por todo o interés amosado e por todo o traballo aportado.

Moitísimas Gracias !!!.

Xunta Directiva da Liga Reumatolóxica Galega.

Out 31

Iª Gala Benéfica de Teatro.

Data:Venres 13 de Novembro 2009 ás 20:30h.

Lugar:Teatro Rosalía de Castro-A Coruña.

A Compañía CARFAX TEATRO presenta a Obra “Transilvania” de Manuel Lourenzo.

Cartel Iª Gala BenéficaCartel Obra

AGARDÁMOSTE ESE DIA!!!.

Xuñ 29

A Liga Reumatolóxica Galega celebrará o vindeiro  vernes 13 , no Teatro Rosalia Castro de A Coruña, unha gala benéfica na que se representará a obra de Manuel Lourenzo “TRANSILVANIA” a cargo da Compañía CARFAX Teatro.

A Liga Reumatolóxica Galega é unha entidade sen ánimo de lucro formada por personas con enfermedades reumáticas (artrite, artrosis, espondilite,…), familiares e profesionais , que traballan co obxectivo de ofrecer soporte e asesoramento as persoas afectadas por estas doenzas  de toda Galicia , a prol de mellorar a sua calidade de vida.

As entradas poderán adquirirse de xeito anticipado nas billeteiras do propio teatro ROSALIA, nas billeteiras municipais da praza de Ourense ou por Internet en www.caixanova.es

GALA BENEFICA

DIA:VENRES 13 DE NOVEMBRO

HORA:20:30

LUGAR: TEATRO ROSALIA DE CASTRO ( A CORUÑA)

OBRA: TRANSILVANIA

AUTOR MANUEL LOURENZO

COMPAÑÍA: CARFAX TEATRO.

PRECIO DA ENTRADA: 10 €

Ringleira  0
Aqueles amigos interesados en colaborar coa Liga Reumatolóxica Galega que, non poidan acudir á Gala Benéfica, poden optar por adquirir unha entrada de ringleira 0 facendo unha aportación na conta da Liga.

Para máis información:chamar ó Tlf da Liga 981 23 65 86  de Luns a Venres de 8:00 a 15:00 horas.

Xuñ 02

LAS ENFERMEDADES REUMÁTICAS:PERSPECTIVAS PARA EL SIGLO XXI”

Na semana do 29 de Xuño ao 3 de Xullo a Liga Reumatolóxica Galega organiza este seminario en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, na sede deste Universidade en A Coruña. O curso está codirixido pola nosa Presidenta Doña Rosa Capeáns Carballo e por o Doctor Xenaro Graña Gil, reumatólogo do CHUAC.

Neste seminario se abordarán as doenzas reumáticas dende unha perspectiva integral, tendo coma obxectivo afondar nos principais avances que se están a acadar no eido da Reumatoloxía e da investigación en torno a estas doenzas.

A temática das conferencias e mesas redondas é moi variada: tratamento e farmacoloxía das doenzas reumáticas, sintomatoloxía asociada, manifestacións da enfermidade, impacto socioeconómico; contando coa participación ao longo de todo o seminario con profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional, non só da reumatoloxía, senón tamén da investigación xenética, a mediciña nuclear, a dermatoloxía e o mundo do deporte, entre outros.

Xa está aberto o prazo de inscripción e pódese consultar toda a información sobre o programa completo, a matriculación e a solicitude de bolsas neste enlace:

http://www.uimp.es/uimp/home/homeUIMPdina.php?jcj=ACADEMICAS_FICHA&juj=2003&jpj=IdActividad=7920319&pg=1&orden=6&lan=es

Mai 13

El día 12 de octubre de 2009 se celebra el Día Mundial de las Enfermedades Reumáticas, bajo el lema “Piensa en Positivo”. Por ello, se está realizando una encuesta que podréis encontrar en el siguiente enlace, por si os animáis a cubrirlo http://www.worldarthritisday.org/survey_spanish_patient_08.php.

Los resultados de esta encuesta se publicarán con motivo de la celebración del Día Mundial.

Mai 08

triptico-milla-word-definitivo.doc

O vindeiro 24 de maio, a partir das 12:00 horas, se celebrará nos Cantóns de A Coruña a II MILLA POPULAR, QUEN DIXO REUMA???

Esta carreira ten como obxectivo dar a coñecer á sociedade a problemática das doenzas reumáticas, e pode participar calquera persoa de calquera idade e condición física, estea federada ou non.

Nos gustaría moito contar coa vosa COLABORACIÓN , de dous xeitos:

  1. Inscribíndovos na carreira como PARTICIPANTES, no tríptico adxunto. E convencendo aos vosos familiares, amigos e coñecidos para que se apunten.
  2. Como VOLUNTARIOS DE ORGANIZACIÓN,  poñéndovos en contacto con nós no 981236586, ou no mail info@ligagalega.org. Necesitamos axuda para distribuir trípticos e carteis, e para a organización da actividade o mesmo día 24 de maio (tirar fotografías, distribuir o material, localizar aos gañadores, etc.).

Na semana do 11 ao 18 de maio veredes a publicidade desta actividade da Liga Reumatolóxica Galega nos autobuses urbanos de A Coruña.

 ¡CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DE TODOS VOS! 

Abr 06

En A Coruña e Vilagarcía.

Nas vindeiras semanas darán comezo os grupos de apoio para persoas con doenzas reumáticas e os seus familiares, e os grupos de apoio para nais e pais de nenos con doenzas reumáticas.

O obxectivo destes grupos é crear un ambiente acolledor no que as persoas afectadas por esta problemática podan dispoñer dun espazo de interacción e incrementar os seus recursos para afrontar situacións conflictivas.

Se desenvolverán tres grupos:

- En A Coruña, os grupos de apoio para adultos e familiares se desenvolverán os martes 7, 14, 21 e 28 de abril; e 5, 12, 19 e 26 de maio, de 17 a 19 horas. O lugar de celebración é o Centro Cívico Municipal de San Diego.

-En Vilagarcía, os grupos de apoio para adultos con doenzas crónicas e os seus familiares terán lugar os venres 17 e 24 de abril; 8, 15, 22 e 29 de maio; e 5 e 12 de xuño, en dous horarios: de 16 a 18, e de 18 a 20 horas.O lugar de celebración e o Centro Social O Ramal, Rosalía de Castro, 24, local 6, 2º andar.

-Os grupos de apoio para nais e pais de nenos con doenzas reumáticas se celebrarán en A Coruña, os sábados 18 e 25 de abril; 9m 16m 23 e 30 de maio; 6 e 13 de xuño, de 11:30 a 13:30. O lugar de celebración é o Centro Cívico Municipal de Monelos. Durante as sesións se celebrarán grupos de teatro para os nenos/as, impartidos por Ana Isabel Vázquez Lojo. Para o primeiro día está prevista unha actuación inaugural, coa colaboración desinteresada do Grupo de Jubilados de Caixa Galicia, que representarán obras clásicas co seu guiñol.

Para inscribirvos podedes poñervos en contacto con nós:

Vilagarcía: 664554677 (preguntar por Xosé Lois)

A Coruña: 981236586

Ou ben no correo electrónico: info@ligagalega.org

Feb 13

triptico-i-ciclo-conferencias-reumatoloxia-definitivo.doc

O vindeiro día 5 de marzo comenzará en A Coruña o I Ciclo de Conferencias sobre Reumatoloxía, coa colaboración do Servizo de Reumatoloxía do CHUAC  e outros profesionais. As datas confirmadas polo momento son:

Día 5 de marzo, ás 19:00 horas, O Dr. Fausto Galdo falará sobre a importancia da Balneoterapia.

O 17 de marzo,ás 19:30 horas, a Dra. Mercedes Freire falará sobre a Artrite Reumatoide.

O día 3 de abril, ás 19:00 horas, o Dr. Jenaro Graña falará sobre Os Reumatismos Infantís.

O día 17 de abril, ás 19:00 horas, a Dra. Mª Teresa Rodríguez falará sobre As enfermidades oftalmolóxicas nos pacientes reumáticos.

O 30 de abril, ás 19:00 horas, o Dr. Carlos Fernández impartirá unha charla sobre a importancia dunha Alimentación saudable nas doenzas reumáticas.

O día 14 de maio, ás 19:00 horas, a Dra. Natividad Oreiro falará sobre Lupus.

O 28 de maio, ás 19:00 horas, o Dr. José Antonio Pinto fará unha intervención relacionada con outros aspectos de interese nas doenzas reumáticas.

O 11 de xuño, ás 19:00 horas, o Dr. Manuel Giráldez falará sobre a importancia do Exercicio físico nos reumatismos.

As charlas se desenvolverán a partir das 19:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia na rua Médico Rodríguez. ¡CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DE TODOS VÓS! Por favor, si estades interesados inscribídevos no teléfono da Liga, 981236586, para que podamos facer unha estimación do número de asistentes.

Feb 05

extracion-de-muela.doc

Unha das nosas socias acudiu a consulta para una intervención maxilofacial fai uns días, y atopou moitas dificultades por un escaso coñecemento das doenzas reumáticas entre algúns especialistas non reumatólogos. No arquivo adxunto podedes ler a sua carta, denunciando á situación á que se viu sometida.

Xan 28

O 20 de febreiro ás 14:30 celebraremos unha LACONADA para os socios no restaurante La Tacita de Oro.

O prezo é de 15 euros (16 euros si queredes tamén orellas).

É fundamental que vos inscribades para esta actividade como moi tarde o xoves 12 de febreiro, porque necesitamos ter un número aproximado de asistentes para comunicarllo ao restaurante. Chamádenos ao 981236586, ou enviádenos un E-mail co voso interés e a vosa preferencia (con ou sin orellas) para confirmar a vosa asistencia.

 Esperamos poder contar con todos vós!

                                                                                                                               cerdo-full.jpg